AVISO: A Xunta de Galicia informa de que o límite establecido por entidade beneficiaria se eleva ata 40.000€ por entidade, coa finalidade de facilitarlle á cidadanía o consumo do bono cultura nos establecementos da súa libre elección.

( 1.950.000€ EN BONOS DESCONTO )
39.000 PERSOAS BENEFICIARIAS

É un programa da Xunta de Galicia para favorecer a reactivación do sector cultural galego, estimulando o consumo de produtos e servizos culturais en Galicia, a través de axudas económicas que se poden empregar directamente nos establecementos adheridos.

A iniciativa destínase para a adquisión de produtos e a utilización de servizos culturais por parte do público xeral. É un sistema sinxelo e accesible, co que se pretende dinamizar a actividade dos establecementos participantes.

O Bono Cultura conta cun investimento de 1.950.000 € para o ano 2021. Estes bonos poderán empregarse do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2021.

Mobilizaranse 4.000.000€ de euros no sector cultural galego.

Por que o bono cultura?

Con esta acción búscase fortalecer e dinamizar o sector cultural, incentivando a demanda e o consumo de produtos e servizos culturais.

1

O cliente amosa o seu código QR que obtivo despois de descargar o bono correspondente na páxina web.

-----

2

O titular do establecemento accede á APP TPV e teclea o importe da compra.

-----

3

A APP valida e calcula o prezo final a cobrar ao cliente.

-----

4

O establecemento efectúa o cobro e valida a operación na aplicación.

-----

5

A plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o Wallet do cliente/usuario.

-----

6

A entidade financieira efectúa o pago da cantidade descontada ao establecemento cultural.